OurenseÚltima hora

Unha persoa tivo que ser exarcerada tras chocar dous vehículos en Verín

 

Os Bombeiros de Verín tiveron que liberar esta tarde a unha persoa que quedara atrapada no seu vehículo tras unha colisión entre dous turismos, na estrada N-532, ao seu paso pola parroquia de Queizás, no concello de Verín, segundo informa o 112 Galicia, qu recibía o aviso pasadas as 16h.

Nese momento, dende o CIAE 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 e, deseguido, os operadores do 112 deron aviso aos Bombeiros de Verín, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil do municipio.

“Debido ás lesións producidas, os servizos sanitarios comunicaron que ata o lugar tamén se desprazaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Ademais, os axentes que se atopaban no punto indicaron ao 112 que o ferido xa fora liberado e outras dúas persoas resultaran feridas no mesmo accidente”, segundo o 112 Galicia.

Ademais, co fin de restablecer e garantir a seguridade da vía, os xestores do 112 Galicia tamén deron aviso ao Centro de Xestión de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button