ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Superando retos con “Xan sen medo” en Trives

O Museo da Escola e Infancia desta vila acollía un contacontos organizado pola Biblioteca Municipal

“Xan sen medo” convertíase no protagonista do contacontos que se desenvolvía na tarde do 11 de marzo no Museo da Escola e Infancia  da Pobra de Trives.  Máis de sesenta persoas, entre nenos e maiores, asistían a esta sesión e disfrutaban dunha entretida tarde cos personaxes que ían aparecendo ao longo do relato. Ademais rían con cada proba que Xan sen medo superaba, demostrando que non tiña medo a nada.

Este contacontos foi representado polas traballadoras da Biblioteca Municipal da Pobra de Trives coa axuda dalgunhas colaboradoras.

Fotos: Biblioteca Municipal da Pobra de Trives

Artigos relacionados

Back to top button