CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Susa Herrera interpreta os seus “cantos animais” cos alumnos do CEIP Otero Pedrayo de Viloira

Nos contos cantados da escritora Susa Herrera centrábase a actividade de “animación á biblioteca” que se desenvolvía na mañá do 30 de xaneiro no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira (O Barco). O total dos alumnos do centro (dende infantil á sexto de primaria) participaba nesta iniciativa formativa e lúdica que se desenvolvía no salón de actos do centro.

Os nenos acompañaban a Susa Herrera cantando diversas pezas do seu último libro, “Cantos animais”, e tamén realizando coreografías. Cada unha das clases traballaba previamente sobre un dos animais da obra.

Esta actividade está incluída no plan formativo que o CEIP Otero Pedrayo (en colaboración co CEFORE do Barco) desenvolverá durante este curso. Nel tamén se prevé outra iniciativa similar, pero centrada na temática do cine.

Fotos: Carlos G. Hervella/ CEIP Otero Pedrayo.

Artigos relacionados

Back to top button