CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Suso Lorenzo (A Rúa), un músico polivalente

O artista valdeorrés foi o encargado de presentar o proxecto #ARTISTASDASCASA

Suso Lorenzo co acordeón. /Foto cedida.

 

“Nestes días difíciles necesitamos intentar sacar o maior número de sorrisos e levar da mellor forma posible este confinamento”. Con estas palabras e o son do acordeón, Suso Lorenzo (veciño da Rúa e músico polivalente), convidaba a toda Valdeorras a participar en #ARTISTASDACASA, unha iniciativa promovida polo Concello da Rúa para poñer en valor e “dar difusión a todo ese talento que hai na comarca”.

Que fose el non outro quen presentase o proxecto a través das redes sociais non foi casualidade, xa que Suso “é un gran músico, ademais de participar activamente con Protección Civil durante o confinamento”, explica a concelleira de Asuntos Sociais da Rúa. Comezou da man de Abertal, de feito considérase ante todo “gaiteiro”, e aínda que xa non forma parte da agrupación de música tradicional, si colaborou na gravación do disco Co noso acento, que publicaban en 2019 para conmemorar o XXX aniversario.

Suso Lorenzo toca ademais a batería e o acordeón, aínda que tampouco dubida en botarlle a man a outros instrumentos. E con respecto aos proxectos musicais nos que se ten enbarcado ao longo da súa vida, son case innumerables. Na memoria quedan grupos como Trenla, Tornaxeira, Black Label ou Placeres Solitarios (actualmente inactivos aínda que non descartan volver xuntarse nun futuro). Grupos que deron paso a outros de estilo moi variado como Navegando a Barlovento (rock), Pándega (cantos de taberna), Clon Bois (versións) ou a mesmísima Banda das Apertas xunto ao tamén rues Magín Blanco.

Suso foi o primeiro artista en deixar a súa pegada na comunidade virtual “Artistas da Casa”, á que pouco a pouco se irán acercando outros moitos. “É unha iniciativa chula, a ver se funciona porque pode ser divertida”, di, agradecendo ao alcalde que contarán con el.

Artigos relacionados

Back to top button