CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Suso Lorenzo e Sr. Jingles, dous “artistas da casa” que comparten nas redes a súa versión dun tema de U2

Os músicos valdeorreses interpretan, xuntos pero cada un na súa casa, o tema "Every Breaking Wave"

Suso Lorenzo (esquerda) ao piano e Sr. Jingles (dereita) á voz.

 

Cada un ten as seus propios proxectos musicais, aínda que dende hai uns anos tamén tocan xuntos na banda de versións Clon Bois, e hoxe, dende a casa volveron xuntar os seus talentos a través das redes sociais.

Suso Lorenzo ao piano dende A Rúa e Sr. Jingles, o álter ego de Ramiro Núñez cantando dende O Barco, veñen de compartir na comunidade de #ARTISTASDACASA creada polo Concello da Rúa a súa particular versión do tema de U2 Every Breaking Wave.

Suso toca a gaita, a batería e o acordeón, aínda que tampouco dubida en botarlle a man a outros instrumentos, neste caso o piano. E con respecto aos proxectos musicais nos que se ten embarcado ao longo da súa vida, son case innumerables. Grupos como Trenla, Tornaxeira, Black Label ou Placeres Solitarios, que deron paso a outros de estilo moi variado como Navegando a Barlovento, Pándega, Clon Bois ou a Banda das Apertas.

Sr. Jingles pola súa banda é o proxecto musical máis potente ata o momento do músico barquense Ramiro Núñez, cun disco editado no ano 2018 El grito wilhelm, que contén doce temas propios cargados de mensaxes entre os que destacan títulos como CocaínaQuemen a la brujaMaten al león, Náufrago ou Niebla. Cancións que nestes dous anos o levaron por numerosos escenarios dentro e fóra da comarca de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button