OurenseÚltima hora

Suspéndense as clases o venres 1 de febreiro nos centros escolares da montaña ourensá pola neve

A medida afectará a centros de 19 concellos, entre eles os de Carballeda de Valdeorras, Trives, Manzaneda, Castro Caldelas, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, segundo informa a Xunta

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia veñen de alertar dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa durante o día 1 de febreiro de 2019 (a partires das 00:00 h ata as 18:00 horas), por neve con espesores superiores a 20 cm, que afectarán ás zonas de montaña de Ourense e de Lugo.

Ante esta situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas vén de acordar a suspensión das actividades docentes nos centros educativos situados nas zonas de montaña ourensáns e lucenses durante toda a xornada lectiva, con seguimento das condicións climáticas.

“A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso”, segundo se informa dende a Xunta.

No caso da provincia de Ourense os centros nos que non haberá clases, segundo a información feita pública pola Xunta, son os dos seguintes municipios: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Xunqueira de Espadanedo, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, a Poboa de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, a Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso.

No caso da montaña de Lugo, trátase dos centros dos concellos de Baleira, Becerreá, Cervantes, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, Triacastela, Baralla.

Ademais indícase que, “para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares”.

Máis información:
https://osil.info/activase-a-fase-de-alerta-por-nevadas-do-plan-de-vialidade-invernal-en-estradas-ourensas-e-lucenses/

Artigos relacionados

Back to top button