ConcellosÚltima hora

Suspéndense os actos do magosto en Trives polo mal tempo

A carreira da magosteira era unha das actividades programadas para o sábado 8 de novembro
Asando castañas. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asando castañas. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na mañá do mércores 5 de novembro, o Concello da Pobra de Trives suspendía temporalmente os actos festivos previstos para o sábado 8 de novembro relacionados co magosto, a causa do mal tempo. O Goberno local tomaba a decisión “xa que as actividades están pensadas para celebrarse ao aire libre e a choiva impide facelo en boas condicións” explican dende a entidade municipal, engadindo que celebraranse “cando as condicións climáticas o permitan”.

Entre os actos programadas para o sábado, estaba a I edición da carreira da magosteira na Finca da Barreira, o magosto en Santa Leonor e a II edición do concurso de doces típicos.

Artigos relacionados

Back to top button