ConcellosÚltima hora

Suspéndense os actos do último día da Festa do Casco Vello do Barco polo mal tempo

Quedan aprazados para o 20 de xullo, segundo informaba a través das redes sociais a organización

Ante as chuvias das últimas horas a organización da III Festa do Casco Vello do Barco decicía suspender os actos programados para a última xornada desta celebración. Así, cancelábanse as actuacións, tanto da mañá como da tarde deste domingo 23 de xuño.

“Por motivos meteorolóxicos, e pese á nosa vontade, vémonos obrigados a suspender a programacion da Festa Casco Vello para o día de hoxe”, anunciaba a organización a través das redes sociais.

 

Tamén se adiantaba que a súa intención será retomar eses actos en vindeiras datas, en concreto, no sábado 20 de xullo. “Ese día celebraremos a festa-merenda-cea que hoxe non puidemos celebrar”, engadían.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button