En portadaEntroido 2022Última hora

Suspéndese a Xuntanza de Fulións prevista para mañá na Veiga

O Fulión da Veiga no desfile o Martes de Entroido./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O Covid segue provocando a suspensión de actividades lúdicas. Apenas cinco días despois de celebrar o Martes de Entroido cun desfile polo pobo (sen Festa da Soá), A Veiga tiña previsto recuperar na tarde deste sábado 5 de marzo a Xuntanza de Fulións, organizada pola Asociación Cultural “O Son de Trevinca” en colaboración co Concello, pero o considerable aumento de casos activos de coronavirus nos folións que ían participar obrigaba a suspendelo.

“É unha mágoa porque tiñamos confirmadas a case 400 persoas e xa o tiñamos todo organizado pero hai moitos positivos entre a xente dos folións que ían vir, nós tamén temos algún e por precaución decidimos suspendelo”, asegura a presidenta da asociación, sen descartar a posibilidade de recuperar o encontro máis adiante. “Igual cando baixen os casos podemos facelo pero de momento o máis sensato é cancelalo”, asegura.

 

Artigos relacionados

Back to top button