CulturaCulturaÚltima hora

Suspéndese a XX Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia

A organización alega que non pode garantir os medios necesarios para implementar a seguridade e salubridade dos asistentes

A Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia queda suspendida debido a que a organización, “Civitas Limicorum”, alega que non pode garantir os medios necesarios para implementar a esixencias de seguridade e salubridade que se esperan. A vixésima edición desta festa celebraríase a penúltima fin de semana de agosto.

 

Durante unha das pasadas edicións. Foto: Carlos G. Hervella.

 

“A decisión que nos ocupa vén dada pola responsabilidade que sentimos para e cos nosos socios e socias en primeiro termo, e seguidamente cos nosos veciños, veciñas e todas aquelas persoas que veñen a vivir connosco a Festa do Esquecemento”, explican dende a organización. Ademais, poñen especial fincapé nas actividades que se desenvolven no Campamento Castrexo-Romano, xa que non se poderían celebrar de ningunha forma.

Artigos relacionados

Back to top button