En portadaÚltima hora

Suspéndese o transporte o escolar nas zonas ourensás de montaña polo mal tempo mañá e pasado

A Comisión Escolar de Alertas vén de tomar esta decisión de cara aos días 22 e 23 de marzo debido ás previsións meteorolóxicas adversas

 

 

Mañá e pasado suspenderase parte do transporte escolar da provincia e doutras zonas de Galicia, así como  as actividades no exterior dos centros educativos en determinadas zonas, “ao agardarse un fenómeno meteorolóxico que acadará os niveis amarelo e laranxa de alerta”.

Dende a Xunta de Galicia vén de informarse desta decisión tomada hoxe pola Comisión Escolar de Alertas. No comunicado emitido tamén se concretan as seguintes indicacións:

 

  • Zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra: suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 12,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo.
  • Zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense: suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 08,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo.
  • Zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense: suspensión do transporte escolar por alerta amarela a partir das 00,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo.
  • Zona de predición meteorolóxica de Valdeorras: suspensión do transporte escolar por alerta amarela a partir das 09,00 horas do día 22 e as 09,00 horas do día 23 de marzo.
  • En todas as zonas indicadas nos tres puntos anteriores: suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos, con seguimento das condicións climáticas.

 

Na nota da Xunta tamén se matiza que “aínda que non se suspende a actividade docente, no caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares”

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf ).

Artigos relacionados

Back to top button