ConcellosÚltima hora

Suspéndese o XI Camiño das Covas do Castro

O motivo é o recente falecemento dun veciño deste pobo barquense nun accidente
Unha imaxe da pasada edición do Camiño das Covas do Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha imaxe da pasada edición do Camiño das Covas do Castro./ Foto: Carlos G. Hervella.

A diferenza doutros anos, o derradeiro sábado de xuño, a vila do Castro (O Barco) non celebrará desta volta o seu Camiño das Covas. Todo estaba xa programado para que a decimoprimeira edición desta celebración nas adegas se desenvolvese o vindeiro 27 de xuño, pero o recente falecemento dun veciño deste pobo nun accidente cun tractor fixo que a organización tomase a decisión de cancelar este evento festivo. Así o anunciaba a concelleira de Promoción Económica, Turismo e Comercio do Barco, Irene Dacal.

Artigos relacionados

Back to top button