OurenseÚltima hora

Suspéndese a proxección de “Porco Rosso” na Praza de San Marcial pola caída dunha árbore

O Concello pechou a praza para “valorar se esixte algunha patoloxía ou se é preciso realizar un tratamento preventivo adicional”, dixo o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo
A árbore caída na praza de San Marcial.

O Cineclube Padre Feijóo vén de suspender a proxección desta noite de “Porco Rosso” na praza de San Marcial xa que o Concello pechouna pola caída dunha árbore. Segundo informaron fontes consistoriais, o acceso á praza estará pechado de forma preventiva “para analizar a saúde das árbores da mesma”. O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, informou que “dende a Concellería de Medio Ambiente realizaremos un estudo de todas as unidades que se atopan na Praza, para valorar se existe algunha patoloxía ou é preciso analizar algún tratamento preventivo adicional”.

Na tarde de hoxe, 21 de agosto, as brigadas de Medio Ambiente retirarán a árbore caída e outra que está danada para proceder a examinar o resto das árbores. Pola súa banda, dende o Cineclube Padre Feijóo aseguran que están a buscar datas para a proxección do filme, argumentando que “a seguridade é o primordial”.

 

Artigos relacionados

Back to top button