DeportesMotociclismoÚltima horaVídeos

Suspendida a etapa 5 do Dakar no km 270 debido ao forte vento

O monfortino Edu Iglesias sitúase no P67 na etapa e no P94 na xeral

Eduardo Iglesias na etapa 5 do Dakar 2022.

 

No P67 na etapa e no P94 na xeral remataba Edu Iglesias a xornada do 6 de xaneiro no Dakar 2022. Quinta etapa cunha especial de 345 km máis 215 de enlaces que era suspendida pola organización antes de tempo.

A primeira parte discorreu por pistas de navegación difícil en espazos abertos, mentres que a segunda facíao po zonas de pedras e pasos entre canóns, para terminar a etapa cunha zona de dunas. “Eduardo sentiuse hoxe moi ben, estando en posicións en torno ao 64 nos primeiros 150 km”, aseguran dende o equipo do piloto monfortino, recoñecendo que nun momento tivo algúns problemas coa navegación que lle fixeron perder posicións.

 

Un momento da carreira polo deserto de Arabia Saudí.

 

Finalmente no km 270 a organización decidía suspender a etapa debido ao forte vento que había que provocaba tormentas de area impedindo saír aos helicópteros.

 

 

Fotos e vídeo: Monforte Rally Team.

Artigos relacionados

Back to top button