ConcellosTrivesÚltima hora

Suspendida a xuntanza anual dos antigos alumnos de Santa Leonor de Trives

Participantes da xuntanza do 2019 de antigos alumnos do Colexio Santa Leonor de Trives./ Foto: Carlos G. Hevella.

 

Dende hai dúas décadas, os antigos estudantes do Colexio Santa Leonor-Virxe da Luz de Trives, veñen reuníndose cada segundo domingo de agosto no centro onde se formaron na nenez e na adolescencia. Sen embargo, este verán non poderán celebrar a 21ª edición desa emotiva xuntanza. Dende a asociación que os agrupa decidiuse suspender este encontro, como medida preventiva, tendo conta a situación sanitaria actual.

“Este ano resulta moi complicado organizar eventos, toca sacrificio e cargar as pilas para o ano que vén”, comentan dende a directiva da Asociación de Antigos Alumnos de Santa Leonor, que espera reanudar esta xuntanza en agosto do 2021.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close