DeportesÚltima hora

Suspendido o partido en Calabagueiros previamente retrasado polo horario do “clásico”

O C.D. Barco-Paiosaco non chegou a disputarse porque os visitantes non tiñan a súa equipación
Afeccionados do C.D. Barco en Calabagueiros. /Foto: Mónica G. Bellver.

Todo, no partido previsto para a tarde do domingo 28 de outubro en Calabagueiros entre o Barco e o Paiosaco, foi excepcional. Comezando pola hora prevista (18:30h.) xa de noite, por culpa do “clásico” Real Madrid-FC Barcelona que se xogaba ás 16:15h., e terminando pola suspensión do encontro.

Unha avería no autobus do equipo de Laracha (A Coruña), obrigounos a chegar ata o campo barquense noutro vehículo, pero sen equipación. Unha vez en Calabagueiros, e mentres intentaban buscar unha solución, a hora do encontro retrasábase aínda máis.

A directiva do Barco tentou arranxar a situación cedendo a segunda equipación do seu equipo aos do Paiosaco, pero finalmente os técnicos coruñeses non aceptaban e decidían non presentarse ao partido. A suspensión era anunciada por megafonía, para decepción e tamén enfado dos afeccionados que aguantaban estoicamente malia a fría e chuviosa tarde de finais de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button