CD BarcoDeportesEn portadaFútbolÚltima hora

Suspendido polo Covid o CD Barco-CD Estradense que se ía disputar mañá en Calabagueiros

Xogadores do CD Barco saíndo ao terreo de xogo, en Calabagueiros. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tan só unhas horas despois de que o Pizarras Los Tres Cuñados FS anunciara o aprazamento do partido que ía disputar esta tarde contra o Sport Sala FS, outro equipo valdeorrés informaba dunha situación semellante.

Desta volta tratase do fútbol, sendo o Centro de Deportes Barco quen anunciaba a suspensión do partido que ían disputar mañá, domingo 16 de xaneiro, en Calabagueiros contra o CD Estradense. O motivo, os positivos rexistrados en ámbolos dous equipos.

O partido estaba previsto para as cinco da tarde e os de Javier Rey chegaban dende o 5º posto da Terceira RFEF, empatados a puntos co Rápido de Bouzas (4º clasificado), mentres que os da Estrada facíano dende o posto 11.

Tralo aprazamento da xornada anterior por parte da federación, O Barco comezaría mañá o ano e tamén a sebunda volta da liga, pero o coronavirus segue mandando e haberá que esperar, polo menos unha semana máis para que o conxunto vermello volva á competición.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button