OurenseÚltima hora

Suspendidos os eventos deportivos e culturais de verán en Xinzo pola Covid-19

A decisión está concebida como medida de prevención fronte á expansión do coronavirus

Fachada da Casa do Concello de Xinzo. / Foto: Facebook Concello de Xinzo.

 

O Concello de Xinzo de Limia ven de comunicar hoxe, 18 de agosto, a decisión de suspender todos os eventos culturais e deportivos programados para o verán. As actividades afectadas inclúen todas aquelas organizadas ou coorganizadas polo Concello e que terían lugar en instalacións municipais. Esta decisión busca servir de medida de prevención fronte á expansión do coronavirus, que acumula novos positivos na área sanitaria de Ourense e no resto da comunidade.

Por tanto, quedan suspendidas a proposta alternativa da Festa do Esquecemento, o campionato de futbolín, o concerto da Agrupación Musical da Limia, o pasarrúas da Banda de Gaitas do Concello, o XinzoFit e as actuacións previstas para as fines de semana de agosto. O Concello tamén anunciou a cancelación da Feira da Pataca e da Maquinaria Agrícula ALIMAGRO, prevista para os meses de setembro e novembro. Dende o goberno municipal consideran que a medida adoptada “é a mellor para reverter a crise sanitaria e que esta pase o antes posible”.

Artigos relacionados

Back to top button