ConcellosÚltima hora

Suspensión da liña de autobús que pasa por Valdeorras o 2 de setembro pola Volta a España Feminina

 

O vindeiro xoves 2 de setembro, a Volta a España Feminina na que participarán 144 corredoras percorrerá boa parte das comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e Caldelas. Será na primeira das castro etapas da ronda, que comezará ás dez da mañá na Estación de Montaña Manzaneda e culminará en torno ás dúas da tarde na Rúa, pasando pola Pobra de Trives, Larouco, Petín, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Prada, A Veiga e Santa Cruz.

Por este motivo a rede de transporte público dependente da Xunta de Galicia vén de anunciar a suspensión temporal de varias liñas de autobús que pasan por esas zonas.

En concreto son tres: O Barco de Valdeorras-Viana do Bolo (10:30 horas); O Barco de Valdeorras-Freixido (Bar Maruxa)-Viana do Bolo (13 horas); e O Barco de Valdeorras-A Pobra de Trives (13 horas).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button