ConcellosÚltima hora

Susto en Vilamartín polo incendio nunha vivenda

Ardía a campá extractora do edificio da gardería, en cuxa planta superior vive unha familia de refuxiados
Imaxe da campá despois do incendio.

 

Arredor das catro desta tarde de 26 de outubro producíase un incendio nunha vivenda do concello de Vilamartín de Valdeorras, na que reside unha familia de refuxiados. Mentres estaban cociñando prendía lume a campá extractora, entón os dous adultos da casa recurrían ao extintor e lograban apagar o lume, evitando que se esténdese a outros puntos da vivenda.

 

Equipos de emerxencias desprazados ata o lugar do suceso.

 

Ata o lugar do suceso desprazábanse dúas ambulancias do 061, a Garda Civil, o GES Valdeorras e os Bombeiros de Valdeorras. “Non houbo que lamentar danos persoais e quedouse nun susto, aínda que os dous adultos da casa foron trasladados ao Hospital Comarcal Valdeorras porque tiñan problemas para respirar. O incendio tivo lugar na casa da escola infantil municipal, na parte baixa está a gardería e na alta a vivenda dos refuxiados. Utilizaron o extintor para extinguir o lume e cando chegaron os bombeiros xa estaba apagado”, comenta o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, que tamén acudía de inmediato ao lugar do incendio.

 

Exterior do inmoble onde se produciu o incendio.

Artigos relacionados

Back to top button