A RúaConcellosÚltima hora

Susto na Rúa polo incendio nunha cheminea

 

En torno ás tres menos cuarto deste venres 25 de decembro, día de Nadal, saltaba no Axega 112 un aviso de incendio urbano na Rúa. Ata o lugar, unha vivenda unifamiliar nunha das saídas da localidade á N-120 dirección O Barco (na Rúa Vella), desprazábanse o GES Valdeorras, a Garda Civil e dúas unidades (unha con escaleira) do Parque de Bombeiros de Valdeorras.

O incidente tiña lugar na cheminea, a única parte afectada da vivenda que nese momento se atopaba sen xente.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button