DeportesÚltima hora

Suzuki presenta, no Balneario de Laias, o equipo de rallyes 2018

A Deputación súmase, coa súa marca “Ourense provincia termal”,  aos plans deportivos da marca

O ourensán Javier Pardo, Adrián Pérez, Joan Vinyes e Jordi Mercader, son os pilotos de rallys do equipo oficial Suzuki que disputará 11 probas do Campionato de España de Rallys de Asfalto e 7 probas do Campionato de España de Rallys de Terra. Un equipo que era presentado no Balneario de Laias nun acto que contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar quen explicou que coa marca “Ourense a provincial termal”, a Deputación “súmase aos plans deportivos de Suzuki 2018” felicitando a Suzuki “pola súa traxectoria e polos éxitos do pasado ano 2017 que esperamos multiplicalos durante as vindeiras tempadas”.

Con esta nova alianza con Suzuki “apoiaremos tamén a carreira do piloto ourensán Javier Pardo, gañador no 2017 das copas de España Junior, 2RM e R2”, dixo Baltar, adiantando que “Ourense provincia termal” estará presente en: tódolos coches do equipo oficial Suzuki e tamén en 15 coches da copa Suzuki, contando ademais cun stand promocional en cada rallye dentro da estrutura, en todo a montaxe de carpas de asistencia, na estrutura de asistencia de tres camións tráiler que recorren a xeografía nacional, en tódalas presentacións oficiais antes de cada rally de asfalto, en tódolos soportes e notas de comunicación e prensa propios de Suzuki con Repsol, nas redes sociais de esas marcas, na súa propia televisión a través de internet durante toda a tempada, nos medios de comunicación que seguen os campionatos, e nos eventos que se demande a súa presenza e non coincidan con algunha proba.

O calendario de 2018 percorrerá as provincias de Pontevedra, Córdoba, dúas illas Canarias, Ourense, Ferrol, dúas localidades de Asturias, Santander, Valencia e Madrid, en rallys de asfalto; e Murcia, Córdoba, Lanzarote, A Coruña, Cataluña, Navarra, Granada e León, en rallyes de terra.

 

Artigos relacionados

Back to top button