CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Táboas en Calabagueiros tralo empate a 2 entre CD Barco e Alondras CF

O mércores 8 de decembro o conxunto barquense mediarase ao segundo clasificado, o Somozas

 

O fútbol é un dos deportes no que tanto o xogo como o resultado pode cambiar en cuestión de minutos. Senón que llo pregunten ao CD Barco que na tarde deste sábado 4 de decembro salvaba un punto tralo empate en casa ante o Alondras, nun partido intenso e igualado que cambiou varias veces de rumbo.

Trala xornada de descanso, os barquense comezaban o xogo intentando buscar oco pero eran os de Cangas os que se adiantaban no marcador co primeiro gol da tarde no minuto 25. Aínda que o intentaron unha e outra vez, non era ata o 62′, xa na segunda parte cando Javier Pazos lograba o gol do empate. Con esa dose de enerxía, o Barco meteuse de cheo no partido conseguindo darlle a volta ao marcador grazas ao gol de Morais no minuto 83.

 

 

Tanto no céspede como nas bancadas xa se respiraba a vitoria local pero no 86′ o colexiado pitaba un penalti sobre o Alondras que transformaban poñen o 2-2 co que finalemente remataba o partido.

Con este resultado e a falta dos partidos de mañá en Terceira División RFEF, os rapaces de Javier Rey mantéñense no terceiro posto da clasificación con 24 puntos. O seguinte partido será o mércores día 8 no campo do Somozas, segundo clasificado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button