DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Táboas no CD Rúa-CD Bragança de veteranos

Co 2-2 no marcador remataba o partido de fútbol disputado no campo do Aguillón

Un intenso e igualado partido de veteranos se disputaba na tarde do 10 de setembro no campo de fútbol Novo Aguillón da Rúa. Nun lado do campo, de amarelo e negro os locais, o C.D. Rua. No outro, de azul e amarelo, o C.D. Bragança con xente que chegou a xogar na primeira división portuguesa. Ámbolos dous equipos dispostos a facerse co encontro.

Quen tivo retivo e os portugueses, moi ben estruturados saltaban ao terreo de xogo dispostos a repetir a vitoria do partido de ida disputado no mes de abril en terras lusas (7-4) pero as cousas non lle saíron igual de ben e os rueses plántaronlle cara. Ata o punto de adiantarse no marcador grazas ao gol de Marcos na primeira metade. Xa na segunda parte os portugueses empataban o encontro antes de que Manolo volvese adiantar ao Rúa. O partido parecía acabado pero na recta final do encontro, os visitantes lograban empatar de novo.

Co 2-2 remataba o encontro no que se gardaba un minuto de silencio polo falecemento de dúas persoas vencelladas ao fútbol en Valdeorras: Juan García (pai e avó de xogadores) e Juaco Gómez Fuertes. Tamén antes de comezar o partido, os anfitrións agasallaban aos convidados cunha caixa de viños RUA e una botella de licor.

Fotos: Mónica G.Bellver

Artigos relacionados

Back to top button