En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Táboas no derbi Rúa-Viana disputado no campo Vicente Solarat Maceda

Co empate a 3 remataba o partido correspondente á xornada 21 na Segunda Galicia de fútbol

 

Cun gran ambiente, deportivo e de afeccionados de ambos equipos se vivía o derbi disputado na tarde deste domingo 3 de abril no campo Vicente Solarat entre o CD Rúa e o CD Viana.

Ámbolos dous equipos están facendo moi boa tempada manténdose na cabeza da clasificación, unha igualdade que se tamén se reflectía no resultado (3-3). O partido, dirixido polo colexiado Carlos Quintas Lorenzo, comezaba cun temperán gol de Pablo que marcaba para o Viana no minuto 4. Facendo alarde da igualdade en canto a nivel, o Rúa respondía e só tres minutos despois, no ‘7, Samuel poñía o 1-1 no marcador que non se movería ata o descanso.

 

 

Tralo paso polo vestiario, no 47’ Pablo volvía adiantar ao Viana no marcador, aumentando a distancia o terceiro gol que Denis poñía no minuto 50’. Co 1-3 o Rúa reactivábase, e non contento co resultado Juan Mondelo marcaba o segundo gol local no minuto 68 e pouco despois Lora empataba o encontro. Corría o minuto 77, moi lonxe aínda do final pero o marcador xa non se movería.

Con este resultado o CD Rúa baixa un posto ata o segundo da clasificación, empatado a 51 puntos co novo líder, o Maceda co que se medirán na vindeira xornada. O CD Viana pola súa banda, sitúase no cuarto posto con 46 puntos. O seguinte rival será o Parada de Sil CF que viaxará ata o campo vianés  das Carrelas.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button