OurenseÚltima hora

Taburete, Morad ou Loquillo, entre as propostas musicais das Festas de Ourense

O Concello organiza máis de 200 actividades entre o 22 e o 26 de xuño

Taburete.

 

Concentradas e cinco días (do 22 ao 26 de xuño), as Festas de Ourense regresan por todo o alto. A partir do mércores 22, a cidade acollerá “máis de 200 eventos distintos o que representan un dos festexos con maior número de actividades da historia”, en palabras do alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

Como citas destacadas, están os concertos de Morad (o 22 de xuño ás 21 horas ), Taburete (o 24 de xuño ás 23 horas) e Loquillo (o 25 de xuño ás 23 horas). Estas actuacións serán na avenida de Pardo de Cela, que é a zona urbana con maior superficie da cidade. Ademais, a rúa do Progreso, á altura de Bispo Cesáreo acollerá as actuacións das orquestras. Agrupacións de primeiro nivel coma o Combo Dominicano, Capitol, Olympus ou Fórmula pasarán eses días pola cidade. Todas as actividades serán de balde agás o concerto do grupo Taburete que terá unha zona de pago (“zona fan” de 3.000 entradas, a 5€ á venda a través de http://ataquilla.com) e o resto serán gratuítas con espazo para uns 6.000 asistentes.

 

Morad.

 

Outras das actividades importantes destas festas son a Feira Medieval, que se recupera nas prazas da zona histórica da cidade e que inclúe moitas actividades paralelas; e unha sardiñada o día de San Xoán. A zona infantil será no parque Barbaña e, entre outras, haberá actividades de maxia. O Auditorio Municipal acollerá unha actividade gaming o sábado 25 e domingo 26.

Como broche á estas festas, tamén regresan este ano os fogos artificiais. A tirada será o domingo desde as beiras do río Miño a cargo da pirotécnica ourensá Josman.

Festas Ourense_programa

 

 

Artigos relacionados

Back to top button