ConcellosÚltima hora

Taller de Networking en Xinzo de Limia

Celebrarase o día 26 de outubro ás 20:30h. na Casa da Cultura deste concello ourensán

 

Innovación, renovación e consolidación comercial. Son algúns dos aspectos que se desenvolverán durante o “Taller de Networking” que se impartirá o vindeiro xoves 26 de outubro a partires das 20:30h. na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Será unha das primeiras iniciativas promovidas por ProLimia, a Asociación de Empresas e Comercios da Limia, a través da Dirección Xeral de Comercio e da Federación Galega de Comercio.

Esta acción formativa está dirixida a comerciantes e busca “dar a coñecer aos empresarios do sector aspectos relacionados co seu negocio e o consumidor, normativa de consumo, axudas, novas tecnoloxías, comercio electrónico, fidelización, etc.”, segundo indican dende esta entidade empresarial.

Artigos relacionados

Back to top button