ConcellosÚltima hora

Taller infantil para aprender a montar e pilotar un dron, no Barco

Está dirixido a nenos/as de entre os 8 e 12 anos e impartirase o xoves 6 de setembro en horario de 9h a 14h.
sdr

Os máis pequenos da casa poderán aprender a construír e pilotar o seu propio dron nun taller que se impartirá o vindeiro 6 de setembro no Barco. “Iniciaremos aos rapaces no mundo dos drons creando un circuíto de habilidade onde os nenos e nenas se podan adestrar na pilotaxe destas aeronaves”, explican dende a organización.

Ademais os nenos poderán coñecer “as partes dos drons, cómo se montan, e cómo son capaces de voar mediante unha sesión práctica empregando dous tipos de aeronaves: un overcraft para comezar a entender os controis e movementos que ten un dron e, unha vez iniciados, daremos o salto a un dron co cal percorreremos o circuíto dando paso unha competeción entre os participantes”, segundo os promotores da iniciativa.

A actividade ten un finalidade lúdica e busca sementar nos alumnos/as a curiosidade por este mundo por medio da superación. Vai dirixida a nenos e nenas de entre os 8 e 12 anos. A realización da actividade o xoves 6 de setembro en horario de 9h. a 14h. e contará cun descanso que inclúe unha “merenda/refrixerio” para os rapaces.

Conta cun aforo máximo de 12 prazas e a cobertura das mesmas realizárase por rigorosa orde de inscrición por parte do/a nai/pai/titor legal do/a menor na Aula CeMIT ou a través de internet, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).

Artigos relacionados

Back to top button