ConcellosÚltima hora

Taller online de sono infantil, organizado por De Nai a Nai, o 4 de xuño

 

Na tarde do vindeiro 4 de xuño, a través da plataforma Zoom, a Asociación de Nai a Nai do Barco organizará un interesante taller de sono infantil, de 0 a 36 meses. “Este é un dos temas que máis preocupan ás familias. Crear rutinas e acompañar durante o proceso de durmirse é só unha parte dese proceso, xa que o sono é un proceso de desenvolvemento madurativo e os bebés non dormen como os adultos”, explica a responsable de crianza de De Nai a Nai, Silvia Arias, promotora desta actividade.

A sesión comezará ás 17:30h. e será impartida por Desiré, especialista en sono infantil e fundadora do blogue Duerme Feliz. Nesta ocasión o taller será gratuíto para socias, tendo que realizar unha achega económica o resto do público.

“A Desiré, como nai de dúas nenas, o tema do sono sempre lle fascinou, así que empezou a ler, a investigar e a formarse. Tivo a necesidade de compartir o que ía aprendendo con outras nais e iniciou o blogue Duerme Feliz no 2011. Formouse como como asesora de porteo, educadora de masaxe infantil, doula…, para finalmente formarse como consultora do soño infantil en IPHI (International Parenting and Health Institute) e así poder axudar máis e mellor a pais e nais a entender o sono dos seus fillos e axudar ás familias para atopar as súas propias respostas e as súas propias solucións dunha maneira informada, consciente e realista”, comenta Silvia Arias.

O blogue Duerme Feliz nace no 2013, e desde entón a súa misión principal é “achegar ás familias información real sobre o sono do bebé, axudalas a entender que está a pasar, porque está a pasar e cales son as opcións que teñen cos seus pros e cos seus contras para que, unha vez informados, poidan decidir que é o mellor para eles”, conclúe Silvia Arias.

Artigos relacionados

Back to top button