O Centro Social de San Xoán de Río acollerá o vindeiro 2 de xuño a partir das 16:30h. o taller formativo “Conservando froitas e verduras”. Nel amosarase a importancia dos produtos da horta familir, así como o procedemento para aprender a conservalos
O taller será impartido por Inmaculada Franco Matilla (Área Tecnoloxía dos Alimentos), Elena Falqué López (Área Química Analítica), Concepción Pérez Lamela (Área Nutrición e Bromatoloxía).
As prazas son limitadas e as persas interesadas poderán inscribirse no Concello de San Xoán de Río.