ConcellosÚltima hora

Taller sobre o uso do leite na hostalaría na Escola Belarmino Fernández de Rosende (Sober)

Arredor das posibilidades do uso do leite na hostalaría xiraba o taller que o barista Óscar de Toro Santos impartía na mañá do 10 de outubro na Escola de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias de Rosende (Sober).

A sesión comezaba cunha charla teórica sobre os diferentes tipos de leite que existen no mercado hoxe en día e sobre as súas propiedades. Tamén se lle amosaba ao alumnado cómo empregar correctamente o leite na elaboración de cafés e en combinados especiais para hostalería a base de leite e iogures.

O ponente do taller, Óscar de Toro Santos, é un barista compostelano propietario do Venecia Café en Santiago de Compostela de recoñecido prestixio a nivel galego, nacional e internacional. Como barista foi dúas veces campión galego, unha vez subcampión e dúas veces finalista no campionato de España e como beerman (tiraxe de cervexa e servizo de cervexa en botella) proclamouse campión galego, quedou no terceiro posto no campionato nacional e acadou o terceiro posto no campionato do mundo.

Fotos: Escola de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias.

Artigos relacionados

Back to top button