Concellos

Talleres de EFT o 13 de decembro no Barco

O Colmado acollerá o curso con esta técnica que permite a liberación de emocións negativas
Enrique Banet impartirá os talleres no Barco.
Enrique Banet impartirá os talleres no Barco.

Aprender a quitar medos, mellorar a autoestima e eliminar ansiedade ou fobias, son algúns dos obxectivos que perseguen os talleres de EFT (Emotional Freedom Thechnique) que se realizarán na tenda ecolóxica O Colmado situado no Paseo do Malecón do Barco de Valdeorras, o vindeiro sábado 13 de decembro.

O EFT é unha técnica sinxela e non invasiva que consiste na estimulación cos dedos, duns puntos localizados na parte superior do corpo. Con iso “conséguese liberar emocións negativas e facer desaparecer medos, fobias, traumas, estrés, problemas de ansiedade e un sinfín de malestares” explican dende a Fundación Galicia Verde, adicada á investigación e difusión da Ecoagricultura e promotora do curso.

No Barco organizaranse dous obradoiros de dúas horas de duración cada un, en horario de mañá e de tarde impartidos por Enrique Banet, terapeuta Ayurveda da Fundación, recoñecido polo seu labor como director e presentador do programa Senda Verda da TVG.

Nos obradoiros, Banet ofrecerá unha ferramenta fácil de aprender e de utilizar, que pode aplicarse tanto a un mesmo como aos demais sen límite de idade e “resultados dende o primeiro momento para tratar aqueles problemas emocionais que nos xera o ritmo frenético co que vivimos” aseguran dende Galicia Verde.

Artigos relacionados

Back to top button