EconomíaEconomíaÚltima hora

Talleres de emprendemento e creatividade tecnolóxica no Barco

Celebráranse o 17 de novembro no salón multiusos do Barco e neles participarán catro relatores
Cartaz dos talleres.
Cartaz dos talleres.

En torno á temática da innovación, o emprendemento, a renovación e a consolidación comercial xirará á acción formativa destinados ao sector comercio que se desenvolverán no Barco na tarde do 17 de novembro. Levará por título “Talleres de emprendemento e creatividade tecnolóxica” e comezará a partires das 13:30h. no edificio multiusos da vila valdeorresa. Nel participarán catro ponentes, entre eles Ismael Tato Rodríguez (Agroviloira).

Con esta iniciativa búscase “coñecer o perfil do consumidor, as canles de pago e procesos dixitais, así como as ferramentas das que dispón o comerciante e distintas experiencias que amosen fórmulas comerciais exitosas. Son factores fundamentais para responder con efectividade aos retos que se presentan aos empresarios do comercio minorista galego, tendo en conta que a súa capacitación, diferenciación, coñecemento do cliente e creatividade tecnolóxica, son fundamentais para defender o seu papel como dinamizador da economía galega e como creador de emprego estable”, segundo os seus promotores.

Estes talleres serán organizados pola Federación Galega de Comercio, a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e O Barco Centro Comercial Aberto en colaboración coa Consellería de Economía e Industria-Dirección Xeral de Comercio.

Artigos relacionados

Back to top button