En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Talleres Meleiro, no Barco, fai o mantemento da maior góndola ferroviaria de España

Pertence a unha empresa vasca e adoita operar entre Córdoba e Sevilla

Estes días hai un vehículo moi especial nas vías a carón de Talleres Meleiro no Barco de Valdeorras. Trátase da maior góndola ferroviaria de España, que forma parte da flota que mantén a empresa barquense. Ten 32 eixes e baleira mide 50 metros de longo e pesa 220 toneladas, aínda que cando vai cargada as dimensións aumentan considerablemente, podendo chegar ás 720 toneladas.

Tal como explica o responsable do taller, Santiago Melo, este vagón de transportes especiais pertence á empresa vasca Arbegui, e adoita operar entre Córdoba (onde hai unha fábrica de transformadores eléctricos) e Sevilla. “Somos a única empresa galega que conta coa homologación da Axencia Estatal de Seguridade Ferroviaria, de Adif e do Ministerio de Fomento (Dirección Xeral de Ferrocarrís) para realizar o mantemento deste tipo de vehículos”, explica Santiago, asegurando que vén cada cinco anos.

 

A góndola mide entre 30 e 35 metros de longo.

 

Xa lle tocaba a revisión e desta volta, chegou o 14 de marzo e estará no Barco de Valdeorras aproximadamente un mes, o tempo que lles levará aos técnicos de Talleres Meleiro, poñela a punto para que cumpra con todas as normas de seguridade necesarias.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button