DeportesÚltima hora

Tamén se cancela a concentración de clásicos Concello de Larouco prevista para este domingo

Esta cancelación, como medida preventiva de contaxio do coronavirus, súmase ás da andaina solidaria no Barco e o GF Trevinca na Veiga

 

As cancelacións polo coronavirus de actividades previstas para esta fin de semana seguen sucedéndose. Despois das do Gran Fondo Trevinca Starlight na Veiga e da andaina solidaria “Móvete pola enfermidades raras”, agora tócalle o turno á 3ª concentración de clásicos Concello de Larouco organizada por Laroucautos, prevista para este domingo 15 de marzo.

Así o confirmaba a organización do evento que tiña previsto a exposición de verhículos en Larouco e máis tarde ruta ata A Rúa onde tamén se poderían ver os coches, e tería lugar o xantar.

 

Artigos relacionados

Back to top button