CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Tanxugueiras, do concerto no Barco á preselección española de Eurovisión cun tema en galego

'Terra' é a canción coa que as candidatas participarán no Benidorm Fest de onde sairá o representante de España

Tanxugueiras no concerto que deron no Barco. /Foto cedida.

 

Cinco semanas despois de conquistar ao público barquense cun concerto “brutal” tal como o definiron algúns dos seus fans, na praza Andrés de Prada, no Barco, Tanxugueiras, unha das candidatas a Eurovisión 2022, lanzaba nas plataformas dixitais a canción Terra coa que participará no Benidorm Fest, de onde sairá o representante de España.

Famosas en Galicia e en crecemento constante no panorama da música tradicional do noso país, este trío formado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro defínese como “mulleres fortes, valentes e empoderadas”. Tres adxectivos que definen á perfección o seu propósito na curta a par de innovadora traxectoria destas cantareiras do século XXI.

No ano 2018 lanzaban o seu primeiro álbume de nome homónimo; un ano despois nacía Contrapunto; e neste 2021 publicaban temas como Midas. O seu estilo é unha fusión de música tradicional galega e sons urbanos, mesturando así as pandeiretas das súas coplas con xéneros como o trap ou a electrónica. Como non podía ser doutra forma, as súas letras son en galego, sendo Terra unha peza “de esencia Tanxugueiras, unha canción empoderada, máis nós que nunca e con ritmos que poden chegar ao público”, tal como elas mesmas a definen.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button