EconomíaEconomíaÚltima hora

A tapa de pulpo máis grande do mundo, no Carballiño

Os pulpeiros tentarán elaborala nun tempo récord que comezará ás 20h. na praza Maior
A tapa de pulpo xigante do Carballiño, o ano pasado.

Un ano máis, as pulpeiras e pulpeiros do Carballiño volverán elaborar a tapa de pulpo máis grande do mundo. Farano esta tarde, ás 20h. na praza Maior, nun prato de madeira de 5,37 metros de diámetro e media tonelada de pulpo, que cocerán en caldeiros de cobre e intentarán cortar e aderezar con sal gorda, aceite de oliva e pemento nun tempo récord.

Ao redor de trinta persoas participarán neste proceso, que comezará ás 12 do mediodía co traslado do prato ata a praza nun camión con guindastre, e rematará ás dez da noite cando remate a distribución do pulpo en pequenas tapas que se venderán ao prezo de 5 euros conxuntamento cun vaso de viño, un anaco de pan de Cea e unha lambetada de chocolate do Royal, así como o agasallo do propio prato.

Nesta edición, que é a séptima, o prato non varía con respecto ás dimensións do pasado ano, pero o reto nesta ocasión é facelo en menos tempo, de forma que o pulpo non se enfríe e poida ser degustado con todo o seu sabor polos varios miles de visitantes que se acheguen ata O Carballiño. Calcúlase que desta “tapa xigante” poden saír unhas 1.500 racións pequenas.

Artigos relacionados

Back to top button