EconomíaEconomíaÚltima hora

A Tapería Al Natural recibe o premio ao mellor pincho da ruta “O Barco vai de Viños”

O acto de entrega tiña lugar na mañá do 8 de febreiro na sede do Barco CCA e de AEVA
Imaxe do pincho estrela elaborado pola Tapería Al Natural./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ata 80 votos sumaba o “solombo ao doce e salgado” elaborado pola Tapería Al Natural, converténdose así no mellor pincho da VII Ruta “O Barco vai de viños”, que se desenvolvía do 12 ao 22 de xaneiro.

O nome do pincho ganador desvelábase na mañá do 27 de xaneiro, xusto antes do sorteo de catro ceas para outras tantas parellas entre as papeletas que os asistentes á ruta depositaban nas urnas dos diferentes establecementos ata o 24 de xaneiro. Eran un total de 611, das cales 113 considerábanse nulas ao non axustarse aos datos requeridos nas bases.

 

Acto de entrega do diploma ao establecemento ganador.

A entrega do diploma a este establecemento tiña lugar na mañá do 8 de febreiro, nun acto no que participaba a responsable da Tapería Al Natural, Ana, así como a vicepresidenta do Barco Centro Comercial Aberto (CCA), Ángeles Rodríguez, e a concelleira de Turismo do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close