EconomíaEconomíaÚltima hora

Tapería Principal, un local hostaleiro de referencia, no centro do Barco

 

Dende a tradicional ensalada mixta, unha táboa de ibéricos ou queixos e croquetas caseiras, ata suculencias máis particulares como Carpaccio de xamón e aguacate, Wok de pasta con salsa teriyaki, Bágoas de polo 2 salsas e por suposto o Palleiro estilo Al Natural. Son só algunhas das tapas que se poden degustar na Tapería Principal, un local de hostalaría que abría as portas na céntrica rúa Abdón Blanco do Barco a finais de febreiro deste 2022.

 

O equipo de Tapería Principal: Ramiro De Sousa, a cociñeira Silvana Álvarez, Berto De Sousa e Marc De Sousa./ Foto cedida.

 

Á fronte do negocio, que se caracteriza precisamente pola elaboración das tapas e racións, cociña caseira elaborada con mimo, de forma sostible e con produtos de proximidade, está Ramiro De Sousa, xove empresario natural de O Robledo da Lastra (Rubiá) que comezaba esta aventura cun proxecto propio, tras unha longa traxectoria no sector hostaleiro, primeiro en Barcelona e xa no Barco de Valdeorras en locais como Tapería Al Natural ou Restaurante Piquiño.

 

Carpaccio de xamón e aguacate con base de tomate natural.
Palleiro estlo Al Natural.
Croquetas caseiras.

 

E precisamente da súa etapa en Al Natural é tamén o seu tío Norberto De Sousa, máis coñecido como “Berto”, que o acompaña neste negocio xunto ao seu fillo Marc e a cociñeira, Silvana Álvarez. “O que ofrecemos é comida de toda a vida, tapas típicas pero ben feitas, feitas coidando os detalles”, explica Ramiro, asegurando que levaba tempo barallando a posibilidade de montar un negocio propio e cando por fin se decidía facíao con moitas ganas e ilusión, pensando sobre todo na xente do Barco que conforma a súa principal clientela.

Neste momento, pasados xa catro meses dende a apertura, Ramiro recoñece o traballo que está desenvolvendo a cociñeira. “Silvana leva con nós dende o principio e está facendo un labor impresionante na cociña”, asegura.

 

Marc de Sousa.

 

Coa apertura desta tapería, o mítico local sito no Nº 1 da rúa Abdón Blanco, comezaba tamén unha nova etapa tras anos sendo cafetería e uns meses un restaurante de estilo vasco. Agora, o horario de apertura da Principal é de 11:30 a 16:30 e de 19 horas a peche, pechando por descanso do persoal o luns todo o día e o martes pola mañá. Cunha ampla variedade de tapas a prezos competitivos, resulta un lugar idóneo para xantar ou cear pero tamén para levar, “un servizo moi demandado”, puntualiza Ramiro, recoñecendo, que sobre todo na fin de semana é preferible reservar para non quedar sen sitio ou ter que esperar.

 

Ramiro de Sousa na terraza.

 

O establecemento, decorado en tons claros con detalles que marcan a diferenza, está dividido en dous espazos: o da entrada onde está a zona de bar coa barra á esquerda; e a do restaurante, aínda que os clientes poden sentarse e tapear en calquera dos dous indistintamente. “Servimos onde a xente se sinta máis a gusto, incluso na terraza”, asegura Ramiro.

Teléfono de reservas: 629 542 195.

Artigos relacionados

Back to top button