Galerías de fotosÚltima hora

Tapóns de Valde pon en marcha o proxecto “Garrafa solidaria”

Esta ONG instalaba no Barco unha serie de garrafas, a modo de papeleira, para recopilar os tapóns que de botellas

Viloira, Casas Baratas, Os Nidos, Urbanización Las Palmeras, Urbanización O Chao e o Paseo do Malecón. Son as primeiras zonas do Barco nas que o Banco de Tapóns de Valde vén de poñer en marcha o seu novo proxecto “Garrafa Solidaria”. “Dende hai un tempo démonos conta de que a xente cando vai pasear merca envases de auga con tapón e éste sempre remata no lixo. Dende aquí queremos lanzar unha campaña para que eses tapóns non vaian á papeleira, senón que, a parte de ser reciclados, nos axuden na nosa causa”, explica Alex Arias dende esta ONG valdeorresa.

Así os seus membros, acompañados por voluntarios, e tras solicitar o permiso do Concello, instalaban unha serie de garrafas, a modo de papeleira, nos citados puntos da vila barquense o 30 de maio. A intención é continuar colocando máis. “Esperamos aumentar as zonas dependendo dos voluntarios que entren a formar parte da asociación, pretendemos colocar un mínimo de 45 garrafas só na zona do Barco e intentando abranguer as poboacións da Rúa, Vilamartín, Rubiá e Sobradelo”, adiantan dende Tapóns de Valde.

Fotos: Tapóns de Valde.

Artigos relacionados

Back to top button