Publicidade
EconomíaEconomíaÚltima hora

Tarabelada de Terra de Caldelas aposta polas feiras e actividades artesanais neste verán

Esta asocación organiza diferentes iniciativas na provincia para desenvolver un comercio respectuoso co medio ambiente

 

A Asociación Tarabelada, da comarca de Terra de Caldelas, formada por 70 socios, é unha agrupación cultural e medioambiental que leva a cabo diferentes iniciativas nos concellos de Castro Caldelas, Parada de Sil e A Pobra de Trives. A principal actividade que desenvolven son feiras de produtos artesanais, pero “tamén realizamos obradoiros e actuacións músicais e teatrais para diferenzar a nosa actividade”, tal e como afirman dende a asociación.

“Levamos seis anos coa asociación é só funcionamos con produtores locais para promocionar a artesanía de aquí”, afirman. As feiras teñen unha parte de alimentación, onde se poden atopar produtos como queixos, mel, licores ou especias; mentres que na parte de artesanía traballan coiro, teas ou madeira autóctona, entre outros.

 

Durante unha feira.

 

 

Aproveitando as feiras, “propoñemos actividades como obradoiros de macramé ou coiro, e tamén organizamos actividades musicais ou teatrais para dinamizar as feiras, trátase de saír un pouco dos mercados tradicionais e permitir que algún artista poida participar e promocionar o seu traballo”, afirman dende a Asociación Tarabelada.

O artesáns que participan poñendo un posto xeralmente son socios, pero dende a asociación invitan “a que veñan a probar a algunha feira sen ningún compromiso”. Os mercados teñen un horario de 10:00h. a 15:00h. e as próximos serán os días 18 (Castro Caldelas) e 25 de xullo (Parada de Sil). Así, en agosto comezarán por A Pobra de Trives o día 1, e rematarán con Castro Caldelas (3 e 18 de agosto) e Parada de Sil (15 de agosto).

Ademais, compoñen un “grupo de consumo”, que consiste en facer un pedido común de produtos ecolóxicos, tanto de alimentación como de limpeza, dúas veces ao ano a produtores do país e especialmente da zona para promover o comercio local.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close