CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Tarci Ávila e Nacho Dafonte actúan este venres na sala Baranda, no Barco

Presumido achega ao público valdeorrés o seu disco de debut Vendetta

Coma “unha ponte entre a música electrónica do pasado e do presente”, se presenta Presumido, un proxecto de Synth Pop 2.0 formado por Tarci Ávila (O Barco de Valdeorras) e Nacho Dafonte (Vigo), cuxo obxectivo é chegar a eses territorios musicais nos que o pop en castelán “na súa vertente más electrónica” xamais chegou. Para iso colleron o estilo dos clásicos do xénero como Depeche Mode ou Kraftwerk e empapárono coas referencias máis contemporáneas como M83, Moderat, Daft Punk… e os artistas electrónicos máis irreverentes como Bjork, Apparat, Aphex Twin,… ata atopar un estilo propio.

Así deron forma ao seu primeiro traballo de estudo, Vendetta, unha colección de temas electro/ synth pop con letras que nos transportan a “unha paisaxe escura e profunda, de contraluces brancos e claroscuros ao ritmo electrónico dos 80’s”, con temas como Necrotú y yo, Caigo y me levanto, Ahógate ou Bla bla bla.

Antes de que o disco saíse á rúa (en xaneiro de 2017) Vendetta era presentado en casa, no Barco de Valdeorras e despois de percorrer numerosos escenarios de toda España e tamén do estranxeiro, este venres 20 de abril, regresa á sala Baranda.

Ademáis da súa propuesta musical Presumido ofrece un espectáculo de luces e proxeccións que elaboraron de forma artesanal e que, converten o concerto en toda unha experiencia audiovisual. A cita, a partires das 23:30h. Entrada anticipada, 5 euros en Ton y Son e en taquilla, 8 euros.

Artigos relacionados

Back to top button