ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Tarde de exposición e inchábeis no Teleclub de Petín

As 'Pequenas Coleccións' de David López poden visitarse ata o 17 de abril, de 12 a 14 e de 16 a 19 horas

 

Nesta Semana Santa, os veciños e visitantes que se acheguen ata Petín, poderán, ademais de asistir aos cultos (misas, procesións,…) desfrutar de dúas orixinais actividades no Teleclub.

Una, no patio cuberto, está especialmente pensada para os máis pequenos que tanto hoxe como mañá, contan cun parque de inchábeis no que brincar e pasar unha tarde entretida. O horario é de 16 a 20 horas.

A outra, xa no interior do inmoble, é para todos os público e leva por título ‘Exposición de Pequenas Coleccións’. David López, veciño de Petín e un dos fundadores de Protección Civil da Rúa, ten moitas afeccións. Unha delas é coleccionar todo tipo de obxectos: periódicos antigos, réplicas en miniatura de coches (turismo e tamén de emerxencias), selos, moedas, bandas deseñadas, álbumes de cromos, de fotos antiguas, libros, pins, calendarios, botellas de cervexa e de licores de tamaño reducido, reloxos, cámaras de fotos, mecheros,… Pequenas coleccións que foi ampliando ao longo dos anos e tamén expoñendo.

 

David López amosando a súa exposición no Televlub de Petín.

 

A primeira vez que as abriu ao público foi na Oficina de Información de Petín alá polo ano 2016; despois tamén as levou ata o primeiro andar no Centro Cultural Avenida, na Rúa; e agora regresan a casa, Petín pero nun espazo máis amplo, no salón principal do Teleclub onde poderán visitarse ata o domingo 17 de abril, de 12 a 14 e de 16 a 19 horas. O propio David fai de guía, explicando que ten “moitas coleccións de poucos artigos cada unha”, algunhas moi antigas como vellas fotos en branco e negro, as primeiras entradas de fútbol do C.D. Rúa e mesmo un par de exemplares da revista Deporte Galego ‘Especial Concello da Rúa’ que moita xente nin sequera coñece.

Moitas das pezas que poden verse nesta exposición que espera poder levar no verán ata a Casa da Cultura da Rúa, conseguiunas na súa época como carteiro e outras por intercambio “e tamén porque eu gardo todo”, recoñece. Unha exposición curiosa que paga a pena visitar.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button