DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de festa e castañas no campo rues do Aguillón

O C.D. Rúa presentou a todos os equipos do club diante dunha grande afección

Moi animada estivo a tarde do 18 de novembro no campo de fútbol do Aguillón. Primeiro, o equipo sénior conseguía darlle a volta a un marcador en contra e vencer ao Amoeiro. E despois, o C.D. Rúa ao completo vestíase de gala para a presentación oficial de todos os equipos que compiten este ano.

Cos xogadores do equipo sénior que compite en segunda autonómica facendo o pasillo, un a un ía pasando ao campo de fútbol todos os cativos que forman a base do club rues, colocándose para facer a foto oficial de cada equipo con globos azuis e amarelos (as cores do Rúa) na man. Os primeiros era os cadetes adestrados por Juan Carlos e Sabela, despois tocoulle o turno aos infantís que adestra Luis María Ferrer; aos alevíns con Luis López e Álex Lorenzo como técnicos; os benxamíns A dirixidos por Luis María Ferrer; e os benxamíns B, os máis pequeniños por Ana Belén e Bolo. Os últimos eran os xogadores do primeiro equipo con Javier Ferrer ao fronte e de seguido, colocáronse todos xuntos para a foto de familia.

O remate da festa tiña lugar coa celebración do segundo magosto do C.D. Rúa ao que asistía numerosa xente que quixo pasar a tarde e colaborar co club de fútbol. Coas castañas recen asadas como protagonista, o menú incluía un bolo preñado, auga e viño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos sobre os equipos na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Artigos relacionados

Back to top button