DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de fútbol pasada por auga, no Aguillón

Os infantís do C.D. Rúa vencían 3-2 aos da U.D. Ourense na loita polo título de liga

A intensa chuvia e o frío protagonizaron a tarde de fútbol do 13 de xaneiro no campo rues do Aguillón. O temporal de neve obrigaba a suspender o partido de liga de veteranos entre o C.D. Rúa e o C.D. Arenas de Vega previsto para as 15:45h. e cunha gran tromba arrancaba ás 18h. o encontro de play off polo título na liga infantil entre o Rúa e a U.D. Ourense.

Malia  o campo enchoupado e non parar de chover durante toda a primeira parte, os xogadores de ámbolos dous equipos loitaban por achegarse á portería rival. Finalmente era o equipo local quen abría o marcador marcando o segundo gol uns minutos despois. Os locais aínda marcaban un terceiro tanto que lles daba a vitoria malia os dous visitantes.

Co 3-2 final, os infantís do Rúa suman a segunda vitoria nos play off polo título.

Pola mañá o equipo benxamín “A” do Rúa empataba a uns contra a A.D. Bosco, e mañá domingo 14 de xaneiro, ás 11 xoagarán os alevíns do C.D. Rúa e da E.D.C; e ás 12h. os xuvenís do Rúa e Santa Teresita (tamén inmersos nos play off).

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button