DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de fútbol solidario no campo Vicente Solarat, na Rúa

No partido amigable de veteranos C.D. Rúa-C.D. Barco recollíanse preto de 300 quilos de comida

 

Máis que nunca o Nadal é tempo de amizade e solidariedade, no que se envorcan de forma especial as competicións deportivas.

O fútbol non é alleo a esta tendencia e así o demostraba a boa acollida que tiña o partido benéfico organizado polos veteranos do C.D. Rúa en colaboración co Concello para a tarde do domingo 29 de decembro. Un amigable que compartiron cos veciños do C.D. Barco e que se resolvía cun empate a dous goles.

 

Voluntarias da Caridade cos alimentos recollidos no partido.

 

Tanto xogadores/ amigos como afeccionados, desfrutaron dunha soleada tarde de fútbol no campo Vicente Solarat da Rúa, na que o de menos era o resultado. O principal foi a solidariedade demostrada polos asistentes que entregaban comida recollida polas Voluntarias da Caridade. De feito este ano xuntáronse preto de 300 quilos de alimentos non perecedoiros (azucre, leite, galletas, arroz,…). Ademais, a xente tamén colaborou mercado rifas para o posterior sorteo de tres botellas de viño da D.O. Valdeorras.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button