CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de ilusión, xogos e bailes cos Bolechas en San Xoán de Río

 

Como un agasallo de Nadal, na tarde do 26 de decembro os nenos e nenas do municipio de San Xoán de Río recibían a visita dos Bolechas. Arredor das 17h. estes simpáticos personaxes chegaban ao pavillón municipal, onde se reunían cos máis pequenos para compartir unha tarde de ilusión, xogos, risas, baile e mesmo deporte. Ademais a tarde endozábase cunha chocolatada.

Esta actividade forma parte do programa de Nadal do Concello de San Xoán de Río.

Fotos cedidas polo Concello de San Xoán de Río.

Artigos relacionados

Back to top button