Galerías de fotosÚltima hora

Tarde de maxia e premios nos Maios do Barco

Os ganadores eran a Gardería Os Xoglares na categoría de “Maio artístico”, O Maio do Barco Vello na de enxebres e a ANPA Julio Gurriarán no voto popular

Tras a chegada dos Maios á praza do Príncipe do Barco, que acollía unha mostra de artesanía, a actuación do grupo Castro Floxo e a interpretación das coplas na mañá do 1 de Maio; a festa continuaba neste espazo barquense durante a tarde. Así a partires das 17:30h. comezaba un espectáculo de maxia a cargo do Mago Albert co que desfrutaban un numeroso público de nenos, pero tamén de maiores.

Xa en torno ás 19:30h. tiña lugar a entrega de premios do concurso de Maios e Coplas. No acto, presentado polo técnico de Cultura barquense Gustavo do Campo, participaban a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta; a edil de Xardíns, Cristina Domínguez; e a vicepresidenta do Barco Centro Comercial Aberto, Ángeles Rodríguez.

Comezábase polo certame de Maios, no que ademais da valoración do xurado, tamén o público podía escoller ao seu preferido a través do “Voto Aberto” do Barco CCA. Neste caso o máis votado polo público foi o da ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán.

O certame dos Maios incluía ademais dúas categorías. Na de “Maios Enxebres” ganaba o primeiro premio o Maio do Barco Vello, o segundo correspondíalle ao do Colexio Otero Pedrayo de Viloira e o terceiro ao da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños. Ademais recibían accésits os Maios da ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán e o da ANPA do Colexio Divina Pastora.

No apartado de “Maios Artísticos” o ganador era o da Gardería Os Xoglares, o segundo premio conseguíao o da ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán e o terceiro o de Asfaval, mentres que Disvalia lograba un accésits.

Finalmente, no concurso de coplas o primeiro premio recaía nas de O Maio do Barco Vello, sendo o segundo para as coplas da ANPA Aturuxo. Lograban accésits as da Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños e as da ANPA do Colexio Divina Pastora.

Dende a organización agradecíase á participación neste certame.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button