ConcellosGalerías de fotos

Tarde de monólogos nas IX Xornadas de Teatro da Rúa

Moncho, Mari e Manolo compartiron co público os seus “Traumas infantís”

As Xornadas de Teatro da Rúa continúan coa programación desta IX edición, desta volta cunha sesión de monólogos que fixo rir aos asistentes.

Moncho, Mari Calvo e Manolo, son os tres humoristas que na tarde do 8 de decembro pasaban polo escenario do Centro Cultural Avenida para compartir co público os seus “Traumas infantís”. As historias de “Barrio Sésamo” cos seus personaxes como Espinete, Don Pimpón ou o panadeiro; as xuntanzas familiares ou as festas de Nadal (Noiteboa e Fin de ano), son algunhas das experiencias que marcaron a Mari, mentres que para Manolo (membro de A Ruada), foron algúns agasallos “inútiles” que nada tiñan que ver cos seus gustos os que deixaron pegada na súa infancia aínda que el quería facer un monólogo “sobre os ligues…”. E entre un e outro, o presentador, Pedro Leyte fixo os seus pinitos falando entre outros temas, “do crime perfecto”.

A seguinte sesión das xornada, será o dominfgo 16 de decembro ás 18 h. da man de Narella Teatro coa obra Espérame en el cielo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button