ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de Reis na Rúa con recepción no Centro Cultural Avenida

As súas xaxestades visitaron os barrios da vila repartindo lambetadas entre os cativos

A ameza de chuvia (que apenas caeu) obrigada ao Concello da Rúa a cambiar a ubicación da recepción do Reis Magos que finalmente tiña ligar no Centro Cultural Avenida. Alí se deron cita os cativos da vila que un a un desfilaron polo escenario onde estaban esperando as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar que repartiron caramelos a escalla.

Coa xuntanza no Avenida, pechábase a tarde de Reis na Rúa, pero antes, os Reis Magos percorrían os diferentes barrios da vila. Comezaban na Estación de Autobuses onde subían á carroza e despois visitaban o campo de San Roque e a igrexa de Santo Estevo, Vilela e máis tarde Fontei e Fátima.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button